Wednesday 01 de May de 2024

Todas as zoñas de baño de Riveira obteñen a clasificación de excelentes por primeira vez


 

A Consellería de Sanidade remitiu onte á alcaldía do Concello de Riveira un escrito no que se dá conta da clasificación sanitaria das zonas de baño situadas no noso litoral, consonte co Real Decreto 1341/2007 sobre a xestión da calidade das augas de baño.

Por primeira vez dende que se efectúan estas medicións, en todos os puntos analizados as augas teñen unha clasificación de “excelente”.

Así se pode ler no documento adxunto, onde se reflicten os resultados dos 17 areais onde se tomaron as mostras : A Ameixida, A Corna, A Muralla, Area Secada, Balieiros, Baluarte, Castiñeiras, Catía-Castro, Coroso, Corrubedo, Mosqueiros, O Porto, O Prado, O Touro, O Vilar centro, O Vilar esquerda e Río Azor.

Cómpre recordar que antes da posta en marcha estes anos das dúas estacións depuradoras de augas residuais con que conta o noso termo municipal (situadas en Corrubedo e Couso) algúns destes areais non chegaban ao máximo da clasificación, chegando a superar en ocasións o índice de contaminación bacterial permitido: sinaladamente as praias do Prado en Corrubedo e Os Mosqueiros en Castiñeiras.

A devandita clasificación sanitaria será vicente para toda a tempada 2019.